O Concello rexistra 214 solicitudes para prender luminarias mañá na longa noite de San Xoán

O Concello rexistra 214 solicitudes para prender luminarias mañá na longa noite de San Xoán

O Concello de Ferrol pechou o pasado martes o prazo de rexistro de solicitudes de luminarias para a noite de San Xoán cun total de 214 permisos aprobados no municipio, de acordo cos datos facilitados onte polos bombeiros.
Aínda así, dende o consistorio apuntan a que a cifra podería aumentar lixeiramente ao engadir as presentadas a última hora e fóra de prazo, que tamén se terán en conta para ter un rexistro de todas as demandas.
Desde o goberno local quérese insistir á veciñanza que extreme ao máximo todas as cautelas e atenda ás recomendacións e mediadas de seguridade para evitar calquera risco. Así mesmo, lémbrase que a Consellería de Medio Rural ven de suspender, ata nova orde, as autorizacións de queimas atendendo á situación de risco extremo ou moi alto de incendio no que se atopa Galicia e que toma como referencia as altas temperaturas, a baixa humidade, o vento e a ausencia de precipitacións.
Recomendacións 
Algúns dos consellos e obrigas que o Concello quere dar á cidadanía para disfrutar da Noite Meiga sen percances pasan pola prohibición, segundo a ordenanza municipal vixente de parques e xardíns, da realización de cacharelas nas zonas verdes da cidade, tanto no seu interior como nas súas proximidades. A autorización para a realización dunha luminaria nalgunha desas zonas correspóndelle ao Servizo Técnico de Parques e Xardíns.
As distancias á hora de emplazar a fogueira tamén son moi importantes, xa que debe haber unha zona libre de combustibles –árbores, matogueiras, edificacións, cableado eléctrico...– de 10 metros medidos desde o bordo da luminaria.
O único combustible empregado para acender o lume será obrigatoriamente de tipo vexetal, polo que se descartan os líquidos inflamables como gasolina ou alcohol. Tampoco se permitirá estourar petardos ou similares preto delas.
Ter un especial coidado cos máis cativos e saltar con roupa –axustada e preferentemente de algodón– e calzado axeitado, son outras das medidas a ter en conta.
No caso de producirse algúnha queimadura, é recomendable botar auga doce na zona para arrefriar a ferida, cubrila cun pano0 e acudir ao centro sanitario máis próximo. A utilización de cremas, pomadas, desinfectantes ou ungüentos non é axeitada. 
Se o lume prende na roupa, débese rodar polo chan cubrindo a cara coas mans e comprobar que as prendas están totalmente apagadas antes de quitalas. De todos xeitos, o número de emerxencias 112 estará dispoñible as 24 horas no caso de que a situación non sexa controlable.
Cando se abandone definitivamente o lugar onde se fixo a fogueira, débese asegurar que esta queda totalmente apagada para ter a seguridade de que non se reavivará o lume, botándolle area ou terra por enriba.
O control dos residuos e o lixo que se pode xerar nunha noite como a de mañá tamén é uha das peticións das administracións públicas, polo que se insite na neceside de recoller e tirar todo aos contedores ou papeleiras máis cercanas. l

O Concello rexistra 214 solicitudes para prender luminarias mañá na longa noite de San Xoán

Te puede interesar