O proxecto Ábrete de Orellas, do ferrolán Pepe Cunha, volve gañar nos Martín Códax da Música

O proxecto Ábrete de Orellas, do ferrolán Pepe Cunha, volve gañar nos Martín Códax da Música
Pepe Cunha

O portal galego de lecer “Ábrete de Orellas”, proxecto dirixido polo ferrolán Pepe Cunha, volveu converterse no gañador na categoría de “Mellor espazo de comunicación musical” dos V Premios Martín Códax da Música, cuxa gala tivo lugar onte no Pazo da Cultura de Pontevedra. Cunha revalida así o premio acadado xa na edición de 2016, no que xa fora elixido como o mellor no devandito grupo.

A consecución dun novo “Melómano”, figura entregada aos gañadores, supón un novo e exitoso logro para un proxecto que “feito desde a independencia e con recursos mínimos segue a ocupar un lugar recoñecido na difusión das nosas músicas”, en palabras do propio Cunha.
Ábrete de Orellas naceu en 1997 como un programa musical na emisora universitaria Radio Kaos, no Campus de Ferrol.

Co cambio de século entrou en internet e cos anos seguiu crecendo ata consolidarse como un medio referente na comunicación musical en Galicia, “combinando as músicas feitas no país coas que nos visitan”.

O proxecto Ábrete de Orellas, do ferrolán Pepe Cunha, volve gañar nos Martín Códax da Música

Te puede interesar