Canido convértese nunha gran horta con produtos do agro e artesanais

Canido convértese nunha gran horta con produtos do agro e artesanais
un dos postos de horticultura ecolóxica presentes no barrio daniel alexandre

A rúa Alegre e a chamada praza de Fenia fixeron de Canido unha gran horta de produtos da terra e de artesanía no I Mercado Tradicional celebrado onte e organizado pola AVV do barrio. Un total de 63 postos amosaron a riqueza do agro local e galego e o variado das propostas artesanais. Produtos incluso do propio Canido, Caranza, Covas,  O Val, etc. como queixos, mel, pan, froitas ou herbas  alternáronse con figuras de area ou de tecido, bastóns de madeira, xoguetes, roupa e unha ampla gama de ideas para o múltiple público que se citou na mañá e tarde de onte ao redor desta iniciativa.
Desde a Asociación de Veciños do barrio, Elia Rico, a súa presidenta, só tiña unha pequena queixa: “O Concello quedara con nós en liberar varios aparcamentos para facilitar o traballo dos postos e finalmente non fixo absolutamente nada. Tivemos que pedir nós as desculpas pero a xente portouse moi ben. Aparte diso todo foron felicitacións, tanto deles como da xente do barrio. A feira deulle moita vida e animación a Canido e non esquezamos que esta xente vive do que vende, así que estamos encantados de botarlles unha man”. O éxito foi tal que a entidade veciñal xa pensa en organizar unha segunda feira con produtos de temporada, iniciativa que se podería repetir varias veces ao ano a partir do éxito da realizada onte, pero para a que aínda non existen datas.

segunda man
Para a que si hai máis perfilada a organización é para unha feira de produtos de segunda man que se celebrará no mes de novembro en Canido. Segundo adianta Elia Rico “para esta primeira feira xa recibimos numerosas peticións de participación por parte de anticuarios e vendedores de segunda man, pero nos parecía que non tiña moito sentido facela mesturada cunha de produtos do agro e artesanais, así que para novembro xa temos pensado facer unha en exclusiva adicada a este sector”.

Canido convértese nunha gran horta con produtos do agro e artesanais

Te puede interesar