O CEIP San Xoán de Filgueira, acreedor xa en 2010 da Insignia de Ouro do Concello, compartirá este ano a mención de Ferrolán do Ano. “É positivo, pois están a valorar o traballo ben feito”. Así o cre a súa directora, Marián López, quen alude á implicación e o compromiso da comunidade educativa do seu centro como unha das bazas máis fortes do mesmo. “Estamos convencidos do traballo que se está a desenvolver. O San Xoán é un colexio con unha calidade enorme e cun proxecto educativo que o que fai é enriquecer a todo o alumnado”. No curso actual este cífrase nuns 182 rapaces.