A xira de Nadal dos Bolechas chega ó Pazo da Cultura o día 4

A xira de Nadal dos Bolechas chega ó Pazo da Cultura o día 4
Copia de Diario de Ferrol-2013-12-15-014-f2262161

Braulio, Carlos, Pili, Sonia, Loli, Tatá e Chispa queren facer un festival de canción no Nadal, pero son nenos e non lles resulta doado. Finalmente argallan un espectáculo no que inclúen as pezas do seu disco “Os Bolechas fan unha banda”, con temas orixinais e creados para eles de artistas como Pandeiromus, O Sonoro Maxín, Novedades Carminha, Ataque Escampe, Sés, Transilvanians, The Homens, Eladio y los seres queridos, Álex Casanova e Aid.
Con estes vimbios, a familia creada por Pepe Carreiro e que triunfa tamén na televisión, argallou unha xira por diversas localidades galegas que chegará a Ferrolterra o 4 de xaneiro. Será no Pazo da Cultura, de Narón, e as entradas, que custan doce euros, poden mercarse a través da web www.servinova.com. n

A xira de Nadal dos Bolechas chega ó Pazo da Cultura o día 4

Te puede interesar