Espectáculos de teatro, danza e música no menú do Jofre para as vindeiras semanas

Espectáculos de teatro, danza e música no menú do Jofre para as vindeiras semanas
Nova Galega de Danza ofrecerá “Leira”

O Teatro Jofre retomará a súa programación cultural a vindeira semana co espectáculo que o sábado 18 ofrecerá a compañía Chévere. Trátase de “Curva España”, unha obra que trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre os seus autores, motivacións e consecuencias. Será ás 20.30 horas e o prezo das entradas é de 10 euros.

O sábado 26 será a quenda para a danza, a cargo da compañía dirixida polo ferrolán Jaime Pablo Díaz. Nova Galega de Danza trae á cidade naval a súa última produción, “Leira”. O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que traslada ao espectador ás duras tarefas do campo. A voz en directo de Rosa Cedrón acompaña a proposta dunha compañía cun estilo e carácter único. A cita terá lugar ás 20.30 horas e o prezo das entradas é de 8 euros.

Outubro
A axenda cultural prevista no emblemático espazo ferrolán contempla para o 3 de outubro o concerto do grupo galego De Vacas, con entradas a cinco euros, que achegarán ao público o seu singular repertorio no marco do Tour Vacanal 2020.

Ao sábado seguinte, día 10, a compañía Yllana poñerá en escena “The Primitials”, unha divertida comedia musical a capela con entradas a 8 euros.

Espectáculos de teatro, danza e música no menú do Jofre para as vindeiras semanas

Te puede interesar