Poesía para lembrar a Rosalía de Castro

Poesía para lembrar a Rosalía de Castro
Biblioteca Municipal de Narón. Actos Día de Rosalía socio 16000

A conmemoración onte do “Día de Rosalía” permitiu adicar parte da xornada dalgúns concellos da comarca á figura e obra da poetisa galega, cando se cumpren 179 anos do seu nacemento. En Narón, a programación arredor da efeméride incluíu ademais unha pequena homenaxe ao socio 16.000 da Biblioteca municipal, Darío Rodríguez Trancón, un neno de 20 meses veciño do Alto do Castiñeiro e cuxa familia, tanto a súa irmá Icía (5 anos) como os seus país e avó, tamén son usuarios do servizo.
Acto seguido, daba comezo a sesión de lectura dedicada á “autora que simboliza o rexurdimento da nosa lingua e e da nosa literatura”, segundo salientou a edil de Ensino, Mercedes Taibo. O rexedor naronés, Xosé Manuel Blanco, en outros membros da corporación local secundaron o acto. Ademais, no Pazo da Cultura abriuse a exposición de traxes e instrumentos do tradicionais, mentres que para mañá está prevista unha sesión de contacontos para a que é preciso inscribirse.
Os textos de Rosalía de Castro foron tamén os protagonistas das sesións de lecturas celebradas en Sargadelos (Ferrol) ou en Moeche, co rectitado de poemas do alumnado do colexio. En Pontedeume, o son das gaitas de Airiños do Eume animaron unha xornada da que formou parte unha ofrenda floral así como o despregue de carteis con textos da autora homenaxeada.

Poesía para lembrar a Rosalía de Castro

Te puede interesar