Nace Ferror Records, un selo musical para potenciar aos novos creadores

Nace Ferror Records, un selo musical para potenciar aos novos creadores
Diario de Ferrol-2015-09-25-011-0037e948_1

Da man do músico Serxio Peck e do divulgador Fernando Fernández Rego, Ferror Records nacía hai uns meses coa presentación do sinxelo e vídeo do grupo ferrolán Carrero Bianco “Bombas de Cristal”. Segundo os seus responsables facíao cun propósito claro: “Dar saída a propostas musicais e culturais desde a militancia e a autoxestión”. Trátase segundo os seus responsables dun proxecto aberto cunha máxima: “Apoia a túa escena local”. Nela poden atoparse outras bandas de Ferrol e comarca a maiores de Carrero Bianco, como o novo dúo Espejos y Diamantes ou Alarido Mongólico, outro grupo ferrolán e coruñés que editará no selo o seu novo sinxelo e vídeo.

dobre nacemento
A presentación do proxecto discográfico local levarase a cabo o próximo sábado 3 de outubro ás 22.30 horas na sala Súper 8 de Ferrol. Este evento contará coas actuacións dos grupos Carrero Bianco (presentando os seus novos temas), Weather Underground (en acústico), Quant (dando a coñecer tamén as súas novas cancións), Síndrome Winona (en acústico), e o debut de Espejos y Diamantes, o dúo de Joaquín e Carlota de Carrero Bianco.
Tamén na festa de presentación darase a coñecer o primeiro proxecto do selo discográfico, o recompilatorio “Ferror Records Vol I”. Trátase de dezaseis bandas locais e comarcais que supoñen un resumo da actual escena independente (non podería ser outra cousa) da cidade e a comarca. Entre os grupos e artistas que conforman esta selección figuran: Alarido Mongólico, Cable, Carrero Bianco, Cuerpo Astral, Espejos y Diamantes, Jamie Fifthring, Klute Band, Koroiev, Korokati, Kurwa!, Os Gru, Quant, Rubén Artabe, Síndrome Winona, Skyhooks e Weather Underground. Desde o selo adiantan que moitas outras bandas poderían saír no segundo recompilatorio en breve en marcha.

Nace Ferror Records, un selo musical para potenciar aos novos creadores

Te puede interesar