Cedeira repartirá mañá 200 quilos de merluza da volanta na terceira festa gastronómica

Cedeira repartirá mañá 200 quilos de merluza da volanta na terceira festa gastronómica
Fiesta del percebe de Cedeira

A merluza da volanta será mañá domingo a protagonista gastronómica na vila de Cedeira co gallo da celebración da terceira edición da festa dedicada a este peixe. A Confraría de Pescadores organiza, coa colaboración do Concello local, unha xornada na que os visitantes poderán gozar dun produto que “en menos de 24 horas pasa do mar ao prato, unha realidade díficil de superar”, en palabras do patrón maior do pósito.

Oito barcos serán os encargados de saír ao mar para achegar os 200 quilogramos de merluza necesarios para a elaboración do menú, que comezará a servise a partir das 12.00 horas na explanada da Confraría, onde permanecerá instalada unha carpa.

A organización prevé repartir unhas 500 racións, que terán un prezo de oito euros. Haberá tamén posibilidade de adquirir unha táboa con seis elaboracións diferentes por 13 euros –neste caso vai incluído o recipiente de madeira–.

Berberechos
Xunto a estas propostas gastronómicas poderase optar tamén por racións de berberechos ao vapor, empanada e pastelón do apreciado bivalvo, que tamén formarán parte do menú e cuxo prezo non superará os seis euros. A Confraría tamén porá, tal e como se informou desde o Concello cedeirés, 250 quilogramos de berberechos.

Non faltará tampouco a música ao longo da xornada, coas actuacións do grupo “Los Eternos”, a partir das 12.00 horas; e de Pepo Suevos despois das tres da tarde. Os cativos, pola súa banda, poderán divertirse coa animación infantil que correrá a cargo de “Fiestoke!”. Desde o goberno local apuntan á cita de mañá como unha magnífica oportunidade para coñecer a vila e gozar do saboroso peixe.

Cedeira repartirá mañá 200 quilos de merluza da volanta na terceira festa gastronómica

Te puede interesar