A CIG promoverá demandas por “despido improcedente” do profesorado do Celga

A CIG promoverá demandas por “despido improcedente” do profesorado do Celga
asamblea informativa profesores Celga

A CIG-Ensino denunciou a través dun comunicado a situación que atravesa o profesorado que viña impartindo cursos Celga –sistema de certificación de lingua galega– unha vez que “a Secretaría Xeral de Política Lingüística –dependente da Consellería  de Educación– decidiu desfacerse deste colectivo e ofrecerlle ao profesorado en activo dos centros de Secundaria que imparta estes cursos como horas extra”, critican. Deste xeito, engaden, o devandito departamento da Xunta trata de evitar “a aplicación da resolución das Inspeccións de Traballo da Coruña e de Ourense que obrigan a contratar a estes docentes”.
Unha vez coñecida a decisión, a CIG-Ensino propúxolles aos docentes en activo que, por solidariedade, non impartisen estes cursos.
Precisamente onte, o sindicato celebrou unha asemblea informativa cos docentes que impartían os Celga, cos que se decidirán novas propostas de actuación para denunciar a situación, e que tamén estivo aberta a todo o profesorado galego.
“A Consellería está actuando de maneira fraudulenta e en lugar de aplicar as resolucións de Inspección de Traballo, afonda na irregularidade deixando no paro a un colectivo importante cuxa listaxe inclúe 476 profesores”, sinalan.
Segundo apuntan, estas resolucións da Inspección recoñecen a situación irregular deste profesorado, obrigan a dalo de alta na Seguridade Social con efectos retroactivos e impóñenlle unha sanción económica á Consellería de máis de 200.000 euros.

queixas
Ante esta situación, a CIG-Ensino anunciou que promoverá entre o profesorado Celga a presentación de denuncias por despido improcedente e presentará unha queixa do Valedor do Pobo. Así mesmo, aseguran, continuarán coa campaña nos centros para convencer ao profesorado de que se negue a facer horas extras.
Tal e como apuntan no comunicado, a CIG-Ensino seguirá a loitar polas melloras salariais do profesorado pero non a costa de deixar no paro a outros colectivos. n

A CIG promoverá demandas por “despido improcedente” do profesorado do Celga

Te puede interesar