Os alumnos dos centros de Infantil e Primaria da cidade principian hoxe o curso 2013/2014

Os alumnos dos centros de Infantil e Primaria  da cidade principian hoxe o curso 2013/2014
colegio de recimil

Os alumnos de Infantil e Primaria da cidade principian hoxe, dous días despois que os universitarios, o curso académico 2013-2014. Para a gran maioría será un reencontro con compañeiros e mestres, pero para outros, en concreto 505 cativos e cativas, os nados en 2010, será o seu primeiro contacto cun centro educativo. É a cifra de incorporacións ao sistema educativo máis baixa da última década.
Comeza o curso e nalgúns centros con importantes novidades estéticas e mesmo infraestruturais acometidas tanto pola administración local como pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Segundo explicou onte a edila  Susana Martínez Galdós, das que correron por conta do seu departamento a partida máis elevada, uns 119.000 euros, destinouse aos traballos de pintado do CEIP Recimil. No San Xoán de Filgueira invertíronse 48.000 euros para ampliar o comedor de Primaria e renovar a fontanería do pavillón de Infantil. En Esteiro acondicionouse o patio con céspede por un importe superior aos 9.300 euros e no da Laxe procedeuse á colocación do dobre ventanal do andar alto por 16.000 euros. Executáronse outras obras de custe máis baixo.

canido
En canto ás da Consellería, procedeuse á substitución da cuberta do polideportivo do CEIP Cruceiro de Canido –máis de 100.000 euros– e no Juan de Lángara arranxouse, nunha actuación conxunta co Concello de Ferrol, o problema do saneamento que motivaba que os días de intensa chuvia se anegase. Así, cambiáronse as baixantes e renovouse a instalación eléctrica do primeiro andar.
Ademais, lembrou a concelleira, os centros sostidos con fondos públicos dispoñen dunha caixa fixa de 75.000 euros para realizar pequenas obras. n

Os alumnos dos centros de Infantil e Primaria da cidade principian hoxe o curso 2013/2014

Te puede interesar