Faemino e Cansado estarán en Narón co seu espectáculo “¡Como en casa ni hablar!”

Faemino e Cansado estarán en Narón co seu espectáculo “¡Como en casa ni hablar!”
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Xa se sabe que, con Faemino e Cansado, o humor está asegurado. Polo menos con este obxectivo, o de arrancar as gargalladas do público, chegarán o vindeiro 24 de abril ao Pazo da Cultura de Narón, dentro da “minixira” que ofrecerán en Galicia para a presentación do seu último espectáculo: “¡Como en casa ni hablar!”. 
Unha montaxe coa que o recoñecido dúo cómico gustaríalle “que la gente riera al menos 23 veces, que al salir del teatro fueran mejores personas y encontraran el sentido a la vida”, saliéntase na presentación dun espectáculo ao que autodefinen como “una parodia del cómico ‘lasvegiense’, paradia del mimo “circosoliense”, parodia de la atracción ‘cruceriense’, paradia del “cuentachistiense”... y mucho salero”.
A cita, o domingo 24 de abril, ás sete da tarde. O prezo das entradas será de 20 euros (16 para os abonados.

"El rey"
Tamén poden reservarse xa as entradas para o obra de teatro “El Rey”, entre cuxos protagonitas figura o actor ferrolán Javier Gutiérrez e que será representada os días 26 e 27 deste mes.

Faemino e Cansado estarán en Narón co seu espectáculo “¡Como en casa ni hablar!”

Te puede interesar