A sala Súper 8 convértese este mes no escenario da presentación do novo disco de tres grupos da cidade. A primeira das bandas en dar a coñecer o seu novo material é o cuarteto de rock duro Pölisong, que presenta o venres 16 o seu traballo “Strength and soul”, con entrada gratuíta.
A continuación a outra formación local que ten novidade e El Desván de Gloria. Este cuarteto de veteranos músicos, que comezou facendo versións clásicas ata compoñer temas propios, da a coñecer o seu traballo “Noviembre” o día 17 deste mes, tamén con entrada de balde.
Finalmente, o día 31 será El Viejo Caracol quen presente as pezas ao vivo do seu novo traballo, “Tanta memez”. O septeto ferrolán de rock, liderado por Óscar Fojo, que escribe todos os temas do disco, mestura cancións intimistas con outras pezas de carácter máis social. Como nos anteriores casos a entrada será libre.