A comarca réndese ante Rosalía e o seu “Caldo de Gloria” no 182 aniversario do seu nacemento

A comarca réndese ante Rosalía e o seu “Caldo de Gloria” no 182 aniversario do seu nacemento
Diario de Ferrol-2019-02-25-015-1f8f7f96

Como cada 24 de xaneiro, foron moitos os concellos que decidiron rendir unha homenaxe a Rosalía de Castro, este ano, para celebrar o 182 aniversario do seu nacemento. Así, en Ferrol, a praza homónima da autora de obras como “Cantares Gallegos” ou Follas Novas” foi o escenario escollido para levar a cabo un acto institucional no que alumnos de IES do municipio deron lectura a poemas da escritora e o Trío de Molime puxo a nota musical.

Como novidade este ano, e seguindo a idea da Fundación Rosalía de Castro que pretende ensalzar e recuperar o “Caldo de Gloria” que aparece no poema “Miña casiña, meu lar” no que explica como facer “un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia”, repartíronse cuncas conmemorativas con este prato tan típicamente galego.

O mesmo ocorreu en Fene, onde a praza da escola do Ameneiral acolleu unha degustación gratuita de caldo. Ademáis, nos xardíns de Perlío que levan o nome da escritora se levou a cabo unha ofrenda floral e lecturas de poemas.

En Pontedeume, membros da corporación local inauguraron o “Paseo Marítimo Rosalia de Catro” e a ACM Airiños do Eume amenizaron a xornada na praza de Rosalía. Pola súa banda, o Concello de Mugardos vén de declarar festa institucional na localidade o Día de Rosalía de Castro e onte o celebraron cunha representación da obra “Rosalía, poeta na beira do mar” a cargo da compañía Teruca  Bouza, no Casino Mugardés.

A comarca réndese ante Rosalía e o seu “Caldo de Gloria” no 182 aniversario do seu nacemento

Te puede interesar