Dúas relevantes conferencias (LXXXIX)

Dúas relevantes conferencias (LXXXIX)
Diario de Ferrol-2018-03-25-009-5950738b

Acababa a entrega anterior dando conta da decisión das asociacións agrarias e operarias da distrito de Tui de remitir un texto a diferentes organismos públicos e privados dando conta da cacicada electoral nese distrito e da súa determinación de se desprazar a Madrid as 2.072 persoas que deran o seu voto a Portela Valladares demostrando que ese fora o candidato que gañara as eleccións.
Deste sucedido deran conta, como quedou dito, algúns diarios, ente eles La Zarpa. O diario ourensán entendeu que debía tamén publicar un artigo editorial ao respecto e así o fixo no seu número do día 16 de maio de 1923 baixo o título “El caso monstruoso del acta de Tuy / La única vez que un distrito de Galicia elige un representante suyo en el Parlamento, se pretende burlar su derecho y escarnecer su conciencia”, que finalizaba con estas duras frases:
“Aun sabiendo a dónde llega la desvergüenza política reinante, aun sabiendo de lo que son capaces los que hacen de España un albañal nauseabundo, ¿es posible que se inflija a la ley y a la voluntad popular un atropello tan brutal? ¿Puede prosperar de tal modo el robo, la vulneración del sufragio y pueden avalar los tribunales semejante monstruosidad?”.
Na páxina de información telefónica dese mesmo número do día 16 o diario agrario recollía o éxito da conferencia do seu fundador con este titular en letras gran tamaño: “Basilio Álvarez fue aclamado en su conferencia en el Ateneo acerca de las elecciones en Orense”.
Xa no número seguinte, o do xoves 17 de maio, o xornal reproducía o texto íntegro da conferencia recollido taquigraficamente. O longo titular sintetizaba perfectamente o que no Ateneo se contara: “El insigne agitador habla de las elecciones en Orense y describe en párrafos lapidarios la silueta de fatídicos personajes y las vergüenzas de la política española”.
A conferencia levaba o título de “Mi actuación en las elecciones de Orense” dividida en todos estes epígrafes: “A guisa de exordio”, “Una nota biográfica.-Las primeras inquietudes”, “Preliminares de la lucha.-Los elementos de combate”, “En América.-Una página de la emigración”, “Los entibos de la fortaleza.-Las primeras victorias”, “Silueta de un político de encrucijada.-Un ‘téte a téte’ con Romanones”,”Entre dos fuegos.-La obra de la vileza y de la calumnia”, “Siempre en pleno campo de cara al sol.-Un episodio emocionante. Pocos días después...”, “Fábricas de actas falsas.-La puntilla de los médicos.-El distintivo bugallalista”, “La conducta de los agrarios.-Dogales a perpetuidad”, “Bugallal, el hombre-negro.-Una semblanza acabada”, “La gesta de Tuy.-Sobredo y la derrota de Ordóñez”, “La torpeza del Gobierno y elliberalismo de chicha y nabo”, “Una eecutoria honrorísima y resplandeciente frente a la táctica de los claudicantes”.
A conferencia resumíraa moi atinadamente o diario vigués Galicia, de 16 de maio, ao dar a noticia no solto “Conferencia de Basilio Álvarez, en el Ateneo / Numerosa concurrencia.-Los primeros pasos del conferenciante en la política”. O correspondente comezaba informando de que o acto do abade de Beiro e propagandista agrario se celebrara ás 8 da tarde nunha sala completamente infestada de público, con asistencia de moitas señoras. O xornalista apuntaba que comenzara dicindo que “procuraría no ser apasionado, añadiendo que no es diputado a Cortes porque el cuerpo de electores no ha querido que lo sea”. E agregou que en España “para ser diputado se precisa una condición indispensable: la de ser un sinvergüenza”. Despois de cualificar o conde de Romanones de “pícaro trashumante”, pasou a referirse ás eleccións na provincia de Ourense, facendo fincapé nos atropelos cometidos polos caciques conservadores. Dirixiu durísimos ataques a Ordóñez, de quen dixo que despois do de Sobredo “más que la toga del legislador merece la horca del delincuente”. Tocoulle despois a Bugallal “el hombre más funesto de España”, unha persoa, entendía, que “no rebasa la talla de una mediocridad topiquera”, xa que no seu cerebro “no hubo jamás una idea”. Falou tamén do desastre de Annual e, segundo o cronista, finalizou a súa valente e moi aplaudida conferencia dicindo que “no respirará España mientras no se alce, agudo y frío, el patíbulo para estos delincuentes”.
Pola súa parte, A Nosa Terra, no número do 1º de xuño, publicou “No Ateneo de Madrí / Conferencia de Basilio Álvarez”, artigo no que informaba de que o acto tivera lugar xa había uns días e de que nel falara das eleccións en Ourense e en Tui. Cualificaba o dito de “interesante e valente” e informaba de que La Zarpa publicara íntegro o texto da conferencia. Como non podía seer doutro xeito, daba conta, ademais, de que o líder agrario recibira moitas felicitacións entre elas “unha moi querendosa que lle enviara a ‘Irmandade da Fala’ da Cruña”.
En entregas anteriores falei das diverxencias ideolóxicas que levaran á ruptura do movemento irmandiño a raíz da Asemblea de Monforte de 1922. Mais a ese afastamento que se produciu no terreo ideolóxico, agás nalgúns casos moi concretos, non se traduciu en enfrontamentos persoais de ningún tipo. Paréceme que este episodio pode ser un claro exemplo de cordialidade entre ambas as correntes.
Algúns diarios galegos -non só os da Coruña- do día 3 de xuño de 1923 recollían nas súas páxinas que no día anterior o Circo de Artesáns coruñés pechara o seu ciclo de conferencias da temporada coa que no seu salóns de actos ditara o “gran caricaturista gallego” Alfonso R. Castelao diante dunha “numerosa y distinguida concurrencia”. Isto dicía El Ideal Gallego, no solto “En la ‘Reunión de Artesanos’ / La conferencia de Castelao”. O conferenciante, presentado por Ángel del Castillo, falou sobre “O novo sentimento”, en palabras do cronista una “hermosísima y brillante oración acerca de la pintura, escrita en un gallego que sabe a miel, llena de hermosísimos y elevados pensamientos y vibrante de emoción”. Engadía o xornalista que o artista rianxeiro, despois de falar sobre as últimas tendencias, concluíra afirmando que “el porvenir de la pintura está en que ésta se inspire en el sentimiento nacionalista”. En Galicia, para el, ese debería ser o móbil que a guiase para construír unha nova escola inspirada na natureza, indicando como se debía sentir a paisaxe que era algo máis que o que a vista percibía.
El Orzán, tamén de 3 de xuño, publicara “Reunión de Artesanos / La conferencia de Castelao”, onde refire que, despois dun preámbulo no que explicou a evolución da arte na historia desde Exipto, se ocupou, “con ingenio y refinado humorismo” das “exageraciones de la decadencia moderna en pintura: el futurismo italiano, el cubismo francés y el expresionismo alemán, poniéndoles en frente el arte ruso, que se apoya siempre en el tema popular”. Continuou apuntando que, baseándose nesa sa orientación, canta o amor á terrra e á alma do pobo, “fuentes seguras de arte sincero, apartado del cosmopolitismo y la imitación de lo ajeno y extraño a la raza y al paisaje”
No seu número de 15 de xuño, A Nosa Terra, no solto “No ‘Circo de Artesanos’ / Conferencia de Castelao”, o anónimo autor referíase a Castelao como “o ilustre artista galego, ademirado e quirido amigo e irmán noso”. Daba conta, ademais, de que un que un representativo número de afiliados da Irmandade coruñesa acudiran á conferencia e unha parte deles, cargos destacados tamén o acompañaron na cea que seguiu ao acto cultural. O boletín irmandiño recollía a presenza no xantar deste xeito: “Entre os concurrentes estaban algús membros da direitiva do Circo e unha nutrida repersentación da Irmandade da Fala, entre eles os irmáns Lugrís, Balboa, Monasterio, Peña Novo, Blanco, Casal, Somoza, R. Sabio (T. e E.), Martínez, Zamora, Casas, Ferreiro, Carré, R. Chás, e outros mais que non lembramos”. O boletín irmandiño, como a prensa diaria que consultei, nada di da participación nos actos dos membros da I.N.G. residentes na Coruña.
 

Dúas relevantes conferencias (LXXXIX)

Te puede interesar