A Galería Sargadelos pon en marcha unha programación artística enfocada aos pequenos, entre os 3 e os 12 anos. Trátase dunha actividade creativa, e gratuíta, que se levará a cabo na galería ferrolá tódolos venres do ano entre as 18.30 e as 19.30 horas.
Unha monitora atenderá aos pequenos tratando de transmitirlles “entusiasmo, creatividade e imaxinación”, destacan desde Sargadelos. Entre as actividades que se van pór en marcha destaca un obradoiro de xogos teatrais, collage, papiroflexia, plastilina, xogos de mesa, uso creativo de material de refugallo, así como xogos cooperativos e tradicionais. Tampouco faltará o estímulo á lectura.
Mostra de amelia palacios
A artista pontevedresa Amelia Palacios inaugura na Galería Sargadelos ás 20.00 horas de hoxe a súa nova colección de pintura que leva por título “Observaba el mar y reía”.
Continuadora dunha coñecida saga de pintores e arquitectos galegos, Palacios amosará en Ferrol a súa obra durante todo o mes de marzo no horario habitual da galería.