O Colexio de Xornalistas e o Club de Prensa convocan unha nova edición do José Couso

O Colexio de Xornalistas e o Club de Prensa convocan unha nova edición do José Couso
Julia Otero entrega premio José Couso Liberdade de Prensa

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol convocan unha nova edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa. O prazo para presentar as candidaturas estará aberto ata as 14.00 horas do luns 25 de febreiro. O premio, que leva o nome do cámara ferrolán asasinado en Bagdad en 2003, ten como obxectivo “recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente”, apuntan.

As propostas poden ser prantexadas por calquera colexiado do CPXG ou socio do Club de Prensa, así como calquera persoas ou organización vinculada ao xornalismo. O envío de candidaturas, con argumentación e currículo vitae, realizarase ao correo electrónico premiocouso@xornalistas.gal ou a través da páxina web do premio.
Rematado o prazo de presentación de candidaturas, anunciaranse o venres 1 de marzo. Desde ese día e ata o 5 de abril, o xurado, composto polos colexiados e colexiadas e os socios das dúas entidades sinaladas, poderá votar as propostas. O fallo darase a coñecer nunha rolda de prensa e o acto de entrega terá lugar o 3 de maio en Ferrol.
O Premio José Couso é un recoñecemento da profesión xornalística galega que non implica ningunha contía económica. O gañador recibirá un diploma acreditativo e o símbolo distintivo que representa o Premio, consistente nunha escultura de Manuel Patinha, que leva o nome de “Ás ceibes”.

O Colexio de Xornalistas e o Club de Prensa convocan unha nova edición do José Couso

Te puede interesar