Cedeira reanuda o seu ciclo de teatro afeccionado coa compañía Axóuxere

Cedeira reanuda o seu ciclo de teatro afeccionado coa compañía Axóuxere
a compañía manicómicos –na imaxe, nunha función en cedeira– actuará o 16 de febreiro d. alexandre

A concellería de Cultura de Cedeira, dirixida por Luis Rubido, volve apostar polo teatro afeccionado durante este primeiro trimestre. Dentro do ciclo Comediatrium desenvolveranse media ducia de actuacións nas vindeiras semanas no auditorio municipal. Serán os sábados, ás oito da tarde, cun prezo único de 2,5 euros.

O ciclo comeza o día 26 de xaneiro, co grupo Axóuxere, que representará a obra “A rúa do inferno”. Trátase dun traballo protagonizado por tres mulleres, que traballan como caixeiras dun supermercado, e que se presentan a un concurso de sevillanas.

Haberá funcións cada sábado, ás oito da tarde, cun prezo de 2,5 euros

Febreiro comezará o día 2 coa compañía Teatro do Asteleiro, do Grupo Bazán, e o seu “Oé, oé, oé”. Dirixida por Marián Rei, presenta a tres persoas (Martín P. Ulfe, Alberto Suárez e Lan Couce) que fan cola para mercar entradas para un importante partido de fútbol. Esa espera dá pé a reflexionar sobre a actualidade.

O día 16 de febreiro será o “Cabaret” de Manicómicos o que converta o auditorio de Cedeira nunha explosión artística na que caben o novo circo, o clown, o cabaré, o mimo, o teatro xestual e a improvisación. Preséntase en diferentes sketches humorísticos ós que vai dando paso un presentador.

A programación continuará o día 2 de marzo coa compañía da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, que porá en escena a obra “As feas tamén casan”. Betty Couce é a autora desta comedia, na que tamén interpreta un papel, xunto con Ramiro Fernández, Rosa Couce, Puri Mira, María Xosé Couce, Carlos Lombao, Pablo Lombao, Fernando Romero e Faustino López. A narración céntrase en dúas irmás xemelgas, as dúas solteiras, que están a punto de cumprir 40 anos. Entón reciben a noticia de que lles corresponde unha herdanza, pero só se casan antes desa idade.

O 9 de marzo volverá ó auditorio a compañía Axóuxere. Neste caso porán en escena “A túa tenrura Molotov”. Trátase dunha obra protagonizada por unha parella acomodada (avogado e presentadora), que aparentemente teñen unha relación perfecta. A chegada dun paquete que revela unha parte oculta da vida dun deles comezará a amosar os problemas latentes.

 

valverde

O ciclo Comediatrium concluirá o 16 de marzo coa actuación da compañía local Valverde Teatro. Eles poñerán en escena a obra “O anel máxico”, un relato que escribiu Carlo Goldoni a partir dunha peza da Comedia dell’Arte. Un arlequín desespérase porque pensa que a súa muller lle é infiel e quérese tirar ó río.

 

Cedeira reanuda o seu ciclo de teatro afeccionado coa compañía Axóuxere

Te puede interesar