lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

A fotografía e a poesía únense nunha soa arte por terceiro ano nas Pontes

Diario de Ferrol-2015-07-21-010-ac74e286_1

A pintura é igual ca poesía (“Ut pictura poesis” dicían os latinos), aínda que nas Pontes a locución variou e a fotografía é igual ca poesía. Así, por terceiro ano, e durante toda a duración das festas do Carme ata o domingo, o perímetro do Colexio Santa María está rodeado con 22 lonas de 100x150 centímetros compartidas polos fotógrafos do grupo local Reollo e os poetas agrupados no colectivo Alalá. Verbas e imaxes unidas que teñen en paisaxes e escenas da vida cotiá o seu elemento unificador.
Deste xeito, poden lerse textos poéticos de Gloria David, Aníbal Ánxel, Santi del Moral, Ofelia López, Mari Carmen Freire e Silvia Pardo compleméntanse coas imaxes de aficionados á fotografía da localidade pontesa como Patricia Rivera, Vanesa Cebreiro, Ángel Ramil, Nuria Castro, Javier Pérez, Carmen Guerreiro, Tamara Ferrer, Luis Díaz-Faes, Juan Pena, Javier Balseiro e María José Alén. Segundo a concelleira de Cultura Sonia Sueiro, “a iniciativa ponse a andar por terceiro ano e cremos que vale a pena apostar por ela. Para o ano farase incluso con máis forza e agardamos que con máis participantes”.
A edil pontesa destacou, asemade, o traballo de coordinación levado a cabo desde a Biblioteca Municipal por parte de Anabel Alonso, “que foi quen de poñer en contacto a fotógrafos e poetas de xeito creativo”.

A fotografía e a poesía únense nunha soa arte por terceiro ano nas Pontes

Te puede interesar