Os Reis Magos chegarán hoxe por barco ó peirao de Curuxeiras

Os Reis Magos chegarán hoxe por barco ó peirao de Curuxeiras
os reis, que esta semana xa pasaron por canido, visitaron onte o local social do val, en narón l.p.

Os Reis Magos, que estes días estiveron merodeando xa por Ferrol (o xoves mesmo, en Canido), fan hoxe a súa chegada oficial á cidade, con todo o boato que merece tal ocasión. Cumprindo coa tradición, desembarcarán no peirao de Curuxeiras ás cinco da tarde. Despois desprazaranse rapidamente ó barrio de Ultramar, onde se encontrarán coa comitiva que os acompañará durante a cabalgata. Alí ocuparán os seus postos nos tronos, xa debidamente adornados, para tomar a saída a unha tarde-noite de duro traballo. Serán os momentos máis tranquilos antes de varias horas atendendo as peticións dos nenos.

O desfile ten prevista a súa saída ás seis da tarde, desde a rúa Venezuela. O percorrido continuará pola rúa Colombia para entrar na estrada de Castela, en dirección ó centro da cidade. Entrará polo ensanche (rúas Cataluña e Cuntis), para baixar por Roi Xordo cara a María, Rubalcava, Real, Méndez Núñez, Dolores e, por fin, a praza de Armas, meta dunha viaxe de aproximadamente dúas horas. Alí, no pazo municipal, escoitarán ós rapaces.

Desde o Concello informan de que a comitiva formarana sete carrozas (incluíndo o carbón e a porta do Dique) e varios grupos musicais.

Os Reis Magos chegarán hoxe por barco ó peirao de Curuxeiras

Te puede interesar