O Festival de Moeche convoca un concurso de relatos sobre historia

A Asociación Cultural “Irmandiños de Moeche”, entidade organizadora do Festival Irmandiño, vén de convocar un concurso de relatos inéditos en galego cun premio de 100 euros e un agasallo. O tema dos mesmos será os castelos, as Revoltas Irmandiñas, a historia de Galicia en xeral e a de Moeche en particular. O estilo será narrativo cunha extensión máxima de 5 folios (A4), escritos por unha soa cara. O tipo de letra empregada será Times New Roman en tamaño 12 e cun interlineado 1.5. A data límite de presentación será o 1 de maio de 2013.

Os traballos poden presentarse por correo postal, nun sobre debe ir o relato orixinal con pseudónimo e un segundo sobre máis pequeno no que figurarán os datos persoais e de contacto: Asociación Cultural “Irmandiños de Moeche”, Bar “O Castelo”, Castelo s/n-San Xurxo, 15663 Moeche ( A Coruña). Por correo electrónico tamén se pode enviar ás seguintes contas: f.irmandino@yahoo.es ou irmandinos.moeche@gmail.com, nas que tamén se pode solicitar máis información acerca do certame.

O Festival de Moeche convoca un concurso de relatos sobre historia

Te puede interesar