Ses actúa o sábado en Narón tras esgotar as entradas na Coruña

Ses actúa o sábado en Narón tras esgotar as entradas na Coruña
03 enero 2017 A Coruña.- Siete emisoras unen hoy sus voces a favor de Agalure en el teatro Rosalía Sés será una de las invitadas esta tarde

Ses continúa a xira de presentación do seu novo traballo, “Opoñerse á extinción”, e o vindeiro sábado actuará en Narón, no Pazo da Cultura, logo de estrear en directo con dous concertos consecutivos con entradas esgotadas no Teatro Rosalía da Coruña  As entradas poden mercarse na propia web do Padroado da Cultura de Narón. 
“Opoñerse á extinción”, outro berro seco dos que fan falta ante os que ela chama anodinos e que son produto do sistema: “Eu son o que son e non teño problema con iso”, di. E sendo o que é, desviando aquilo: “Hai xente que ten a música como medio para o éxito e non coma fin. Para min, a música é o que me fai feliz”.
De feito, cando publica un disco, María Xosé Silvar xa está a pensar nun seguinte porque ela vai creando segundo o corpo lle dita e cando ten moito material, escolle. Trata de darlle unha xeitura e atender ás demandas dos seus, “neste metín ‘Dúas lúas’ por unha rapaciña que coñecín nos concertos”. Así até unha ducia de cancións.
O cuarto álbum ten de todas as épocas. “Opoñerse á extinción” é Uxía, a súa irmá, e tamén amor que “é a grande marabilla desta raza, o que nos pode salvar”, sobre todo, o amor pola cultura porque unicamente entendendo o que “nos están facendo”, poderase derruír o que ela predi: “Hai unha lei que é básica, a lingua que non falan os nenos morre”. n

Ses actúa o sábado en Narón tras esgotar as entradas na Coruña

Te puede interesar