Ferrol convértese na capital da exhibición das curtametraxes

Ferrol convértese na capital da exhibición das curtametraxes
Copia de Diario de Ferrol-9999-99-99-999-e9f78a7c

Se a pasada semana se presentaba o festival de curtametraxes “El día +corto”, que se celebrará o 21 de decembro no Centro Torrente Ballester, o Ateneo Ferrolán confirma que esa mesma semana do 18 ao 20 de decembro a súa sede acollerá a XIII edición da súa Mostra de Curtametraxes. Desde a entidade cultural fan un chamamento aos participantes. “Quen o desexe pode achegarnos os seus traballos, de menos de 20 minutos en formato DVD, preferentemente en lingua galega acompañado da ficha cumprimentada antes do día 5 do mes de decembro para poder engadilos ao programa deste ano”.
Como lembranza do que foron estas xornadas cinematográficas o Ateneo recorda que na súa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén dan paso para coñecer outros autores a nivel internacional. Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos galegos. O obxectivo é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes que se fan na actualidade.
“Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada pero que atesoura gran calidade”, destascan desde o Ateneo Ferrolán.

Ferrol convértese na capital da exhibición das curtametraxes

Te puede interesar