San Sadurniño acollerá o día 9 a estrea das curtas realizadas en setembro no Chanfaina Lab

San Sadurniño acollerá o día 9 a estrea das curtas realizadas en setembro no Chanfaina Lab
diario de ferrol-9999-99-99-999-a93fb1d4

Logo da gravación das pezas na primeira fin de semana do pasado mes de setembro, o municipio de San Sadurniño acollerá de novo a visita dos realizadores participantes no Chanfaina Lab con motivo da sesión programada para as estreas das curtas “cociñadas” polos diferentes recunchos e lugares do concello. A cita está programada para as cinco da tarde na Casa da Cultura, que se converterá así nun improvisado cine de sesión continua para gozar das pezas de moi variadas temáticas pero co territorio local como nexo común. 
O acto suporá ademais o arranque da sexta edición dun encontro audiovisual xa moi consolidado no panorama da escena galega. A partir da semana seguinte á estrea, as obras iranse subindo á canle de youtube do proxecto a razón dunha estrea cada venres. Un ano máis, nesta interesante iniciativa conviven creacións de directores e directoras de referencia audiovisual con outras de xente nova. l

San Sadurniño acollerá o día 9 a estrea das curtas realizadas en setembro no Chanfaina Lab

Te puede interesar