A terceira edición da festa de exaltación da merluza da volanta de Cedeira saldouse cun gran éxito de público

A terceira edición da festa de exaltación da merluza da volanta de Cedeira saldouse cun gran éxito de público
Fiesta de la merluza de la volanta. Cedeira.

“Está a ser un éxito rotundo. O aforo da carpa está cheo, hai unha cola tremenda para disfrutar do menú e hai moita xente”. Así describían no mediodía de onte desde a Confraría de Pescadores de Cedeira o ambiente que se estaba a vivir na vila co gallo da celebración da terceira Festa da Merluza da Volanta, unha cita que este ano deixouse caer algo máis tarde que nas anteriores edicións –que foron no mes de abril– e que contou co absoluto respaldo do público.

O pósito local, coa colaboración do Concello, foi o encargado de organizar un evento gastronómico que ten entre os seus obxectivos salientar as cualidades dun produto “cunha calidade moi difícil de superar”, tal e como hai uns días salientaba o patrón maior, Eduardo González.

Desas excepcionais cualidades puideron dar boa conta precisamente todas as persoas que onte optaron polo menú da festa cedeiresa para xantar.

Da elaboración dos pratos encargouse o catering Xantares do Carballiño, que cociñou os 200 kilos de peixe capturado por un total de oito barcos dedicados á pesca da volanta.

Ademais da ración de merluza, que se serviu a un prezo de oito euros –repartíronse arredor de 500–, propúxose tamén aos comensais unha táboa con seis elaboracións diferentes do devandito produto.

Tamén houbo a disposición dos visitantes degustación de berberechos ao vapor así como empanada e pastelón do apreciado bibalvo.

Música
A festa desenvolveuse baixo unha carpa instalada na explanada da Confraría, onde tampouco faltou animación durante toda a xornada. A actuación do grupo local “Los Eternos”, primeiro; e a de Pepo Suevos, a partir das tres da tarde, puxeron a nota musical a un programa no que tamén se involcrou o Museo Mares de Cedeira.

Deste xeito, durante todo o día desenvolvéronse visitas guiadas nas que os participantes tiveron ocasión de achegarse a técnicas como a da extracción da ameixa e da coquina ou da captura da merluza da volanta, clara protagonista onte na vila.

A terceira edición da festa de exaltación da merluza da volanta de Cedeira saldouse cun gran éxito de público

Te puede interesar