A normalidade preside a volta ao cole de máis de 13.800 escolares de Ferrol e bisbarra

A normalidade preside a volta ao cole de máis de 13.800 escolares de Ferrol e bisbarra
vuelta la cole 2013-2014 /

Con absoluta normalidade e sen incidencia ningunha transcorreu a xornada inaugural do curso académico 2013-2014 para os máis de 13.860 escolares das etapas de educación Infantil e Primaria matriculados nos centros dos vinte concellos da comarca de Ferrolterra.
Entre eles están os 1.502 cativos do 4º curso de Infantil –nados en 2010– que se incorporaron onte ao sistema educativo que, se ben non ten carácter obrigatorio –só o é de cinco anos en diante, é dicir, desde Primaria–, está sostido na súa totalidade con fondos públicos, neste caso da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A maioría destes novos escolares realizarán a súa incorporación de xeito progresivo durante as vindeiras semanas, a través do denominado proceso de adaptación, antes de realizar a xornada completa.
Na cidade naval houbo 581 matriculacións neste primeiro curso do segundo nivel de Infantil, cifra inferior aos do segundo –591– e terceiro –646–. En total, 5.564 nenos e nenas cursan estudos de Infantil e Primaria nos centros do termo municipal ferrolán. No segundo concello da comarca en poboación, Narón, principiaron a etapa escolar 330  cativos, máis do triple que en Fene, onde as novas incorporacións ascenden xustamente a un cento.
Nalgúns colexios, como o de Recimil, aínda se están a desenvolver diversos traballos de mellora e adecentamento das instalacións, concretamente o pintado da fachada exterior, e noutros, como no CEIP Cruceiro de Canido, Juan de Lángara ou San Xoán de Filgueira, esas reformas concluíron ao longo do verán.
Queda por ver agora como se resolve o conflito xurdido trala supresión da figura do profesor de apoio a minorías étnicas nos centros de Recimil, San Xoán e Manuel Masdías, así como o incumprimento das ratios por alumno en varias aulas do Isaac Peral. No primeiro caso, o delegado territorial ten previsto reunirse cos directores a vindeira semana.

ESO, BACHARELATO E FP
Por vez primeira, o curso académico non se inaugurou en Infantil e Primaria, senón no nivel universitario, que principiou o pasado luns. O vindeiro día 16 farano os da ESO, Bacharelato e Formación Profesional. n

A normalidade preside a volta ao cole de máis de 13.800 escolares de Ferrol e bisbarra

Te puede interesar