Cándido Pazó regresa ao Pazo de Narón, que acolle mañá o humor do Mago Teto

Cándido Pazó regresa ao  Pazo de Narón, que acolle mañá o humor do Mago Teto
Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón, monólogo de Cándido Pazó

Por segunda noite o actor e dramaturgo Cándido Pazó visita o Pazo da Cultura de Narón. Será hoxe a partir das 20.30 horas, no Café Teatro, co seu monólogo onde recupera as historias clásicas do “Decamerón”, de Boccaccio. Unha voz actoral acompañada de música orixinal, deseño lumínico e sonoro e videocreación. O prezo da entrada é de 9,50 euros en xeral e 6,60 con desconto.

uns máxicos anos 80
Mañá o protagonista escénico no Pazo da Cultura de Narón será o popular Mago Teto, que presenta o seu novo espectáculo “Os anos 80 vistos polo Mago Teto” dentro da programación do Padroado de Cultura.
Aquí o ilusionista ourensán mestura maxia e humor para falar de Félix Rodríguez de la Fuente, as Bonecas “Famosa”, o “Un, dos, tres”, Europe, o muro de Berlín, E. T., ou as moedas de cinco pesetas. Todos estes elementos son algúns dos protagonistas temáticos desta nova montaxe de ilusionismo onde se fusionan todas as disciplinas da maxia: macro, maxia de perto, “quick changue” ou escapismo, todo acompañado de música en directo e moito humor.
O custe do billete é, novamente, de 9,50 euros en xeral e 6,60 cos descontos especiais.

Cándido Pazó regresa ao Pazo de Narón, que acolle mañá o humor do Mago Teto

Te puede interesar