Algunhas das mellores voces líricas de España son homenaxeadas no Jofre

Algunhas das mellores voces líricas de España son homenaxeadas no Jofre
Diario de Ferrol-2014-05-10-014-e1b93866

A Asociación Amigos de la Lírica de Ferrol, presidida por José Grande, presentou onte a gala da III edición do Premios “Voces do Ano” que se celebra hoxe no Teatro Jofre a partir das 20.00 horas con entradas a un prezo de 7 euros. A cita servirá para recoñecer a traxectoria e homenaxear a tres destacados intérpretes españois de Lírica: as soprano Juana Castillo e Sonia de Munk; e o barítono José Julián Frontal.
Así, Juana Castillo, recibirá un recoñecemento a toda a súa traxectoria profesional; mentres que Sonia de Munk e José Julián Frontal serán distinguidos cos premios de Mellor Voz Feminina e Masculina, respectivamente. Os tres cantantes subirán ao escenario do Jofre acompañados do pianista Julián Sanz Riobóo. Amigos da Lírica é unha entidade fundada no ano 2010 que ten por obxecto difundir a lírica e todo o relacionado co canto, a través de conferencias, edición de libros ou charlas.

Algunhas das mellores voces líricas de España son homenaxeadas no Jofre

Te puede interesar