“Eu contaba quedar segundo e que gañara Pablo Castro”

“Eu contaba quedar segundo e que gañara Pablo Castro”
Fran Pico, ao lado do seu vehículo de competición | d. alexandre

Un Citröen AX Sport no garaxe e a amizade co veterán piloto pontés Pablo Castro Pajón foi o inicio dun camiño que no pasado día 9 levaba a Fran Pico a lograr o título de campión galego de slalom en Fene.
“Aparcando” por un tempo a súa afición polas motos de cross e os cabalos –”co traballo non daba atendido a todo, non dan as horas nin os cartos. Escollín esto, gústame e váiseme dando algo ben e hai que aproveitar”– o deportista somocense de 24 años “chegaba e enchía” no panorama autonómico desta disciplina na que era a súa primeira tempada inscrito na competición. Con experiencia previa en carreiras da veciña Asturias –eso sí, pouca, xa que o local sumaba dous anos “mergullado” neste mundo do slalom–, o debut de Pico non puido ser mellor, con catro victorias–Sarria, Rianxo, As Pontes e Fene– e dous bronces –Moeche e Touro– no peto tralas sete carreiras disputadas.

Primeiro Campeonato Galego e primeiro título, pensabas que ia ser así a tempada?
Houbo sorte. Non, non o pensaba, iso non o esperaba ninguén. Empecei porque me gustaba correr mais aquí que en Asturias. No ano pasado fun correr alá con Pablo Castro e a final de temporada viñera correr a Galicia, e xa me gustara moito máis, pero había moito máis nivel que alá. Sen embargo, prefería correr aquí con Pablo aínda que non optara a gañar. Gostabame moito máis aquí, e ao final fóiseme dando ben... e conseguín gañar..

E iso con moi pouca experiencia nesta disciplina, como empezaches?
Empezamos un día de coña eu mais Pablo. Tiña o AX desde facía tres anos, sen preparar, tiñao de participar nas gymkanas, e díxome Pablo que me axudaba a preparalo, porque eu non sei moito de mecánica, E foimo preparando e empezamos a ir Asturias e empezou a gustarme, e cada vez fun preparando máis o coche. E foi a maneira de conseguir o título.

Cres que axudou que competiras sen presión?
Pero a presión foise collendo despois de empezar a temporada –ríse–, vendo que se estaba aí arriba. Pero o bo era que estabamos entre os dous amigos, gañara quen gañara ía ser un dos dous. Sempre da gusto gañar un, pero se non gañara tambén iba estar contento por Pablo.

Pero viches que ían saíndo as cousas. pensas que o campionato decidiuse porque se che dan mellor os circuitos rápidos?
Para Pablo, canto máis revirado o circuito, é mellor, mellor se desenvolve. E por norma eu son ao contrario, canto mais rápido e menos técnico dáseme mellor. Aínda o comentamos entre nós. Pero tamén hai que ter sorte, inflúen moitas cousas.

Este foi un título galego que confirma que se che da ben esto. Un primeiro lugar que conseguiches no circuito de Fene, tamén rápido, contabas gañar alí?
Sí, débeseme dar ben –rise–. Eu non contaba tampouco gañar en Fene. Alí, se foramos eu máis Pablo só ao mellor si que tiña algo de vantaxe, porque é bastante rápido, pero ao ir Souto, Gandoy... tíñalles bastante medo. Contaba que gañase Souto ou Nacho. Pero ao final saiu. Tamén choveu e beneficioume bastante. O AX é máis áxil en auga, se non os outros coches tamén tiñan mais preferencia, teñen mais cabalos, pero...

Durante as últimas campañas o dominio foi do pontés Adrián Bouza, con Pablo Castro sempre como aspirante, e chegas ti a “meterte”...
(Rise) Si, eu contaba que fora ao revés, que gañara Pablo e eu quedar segundo. Pero a veces as historias dan unha volta. O que menos contaba era gañarlle a Pablo, pero el tamén tivo unha temporada chea de mala sorte e foise dando así. Nalgún momento chegaralle, el valer vale de sobra, e penso que si, por suposto,, que un día o vai conseguir.
Tes boa relación con eles –Adrián e Pablo–? Que consellos che daban antes de empezar?
Si, lévome moi ben con eles. Os dous dixéronme que me vían maneiras e que iba chegar a gañar algún día. Adrián díxome que lle daba moi ben e que ibamos estar aí loitando polo título e Pablo e mais eu, de coña tódolos días. Vémonos bastante a miúdo, como el me axuda a montar e eu a el no que podo, vacilarnos entre nos e pouco mais (rise).

Vas seguir no slalom a próxima tempada?
Non sei. Quería empezar no mundo dos rallys, estou preparando agora un coche para empezar no 2018. Pero depende do presuposto que haxa, voume ter que adaptar. Se non hai cartos irei ao slalom, e se non dareille os rallys, a ver como se da, que ese xa é outro mundo. Xa corrín o de Narón este ano e levaría o mesmo copiloto, Ángel Dopico. Falta fai aforrar. Fora mellor que me tocara o Gordo e non gañar o campionato (bromea).

E a Gala do Automobilismo Galego vas ir recoller o trofeo?
Iremos alí a recollelo, xa que é o primeiro ano, e vai un con ilusión. Igual nunca mais volvo gañar, por iso vamos ir recoller este. Nunca se sabe, isto da moitas voltas.

“Eu contaba quedar segundo e que gañara Pablo Castro”

Te puede interesar