Andarivel, Birimbao, A banda da Balbina, Retumbatuke e Rastreros, no festival do Belelle

Andarivel, Birimbao, A banda da Balbina, Retumbatuke e Rastreros, no festival do Belelle
A banda da Balbina

A música será hoxe a gran protagonista na zona do Roxal, en Neda, co gallo da celebración da décimo primeira edición do Festival do Río Belelle organizado pola Asociación Etnográfica A Fervenza do Belelle.
O evento ocupará máis de 33.000 metros cadrados, dos que arredor de 3.000 serán para o propio festival e os restantes como área de estacionamento e zona de acampada. O emprezamento está moi próximo ao río que dá nome á convocatoria.
O programa, que conta co apoio do Concello de Neda e da Deputación da Coruña, dará comezo ás 13.30 horas coa actuación da charanga “Santa Compaña”.
As primeiras horas da tarde  estarán dedicadas ao público infantil coa celebración, a partir das catro, de xogos tradicionais, tanto para os cativos como para adultos –para estes a partir das 18.00 horas–. Tiro de corda, carreiras de sacos ou lanzamentos de pacas serán algunhas das propostas.
Concertos
Os concertos darán comezo ás nove da noite, coa participación dun total de cinco bandas.
Trátase de Andarivel –formación de música galega da comarca de Ortegal–; Birimbao –que une instrumentos galegos como a gaita ou a pandeireta con outros modernos como batería ou baixo eléctrico–; Retumbatuke –agrupación de percusión de Pontedeume integrada por quince membros–; A banda da Balbina –proposta musical que mestura o ritmo e a melodía en lingua galega–; e Rastreros, prototipo de grupo bravú que se achegou ao punk e ao rock máis desvergoñado coa gaita na man. l

Andarivel, Birimbao, A banda da Balbina, Retumbatuke e Rastreros, no festival do Belelle

Te puede interesar