Sedes convértese nunha aldea castrexa da man do Oenach Atlántico

Sedes convértese nunha aldea castrexa da man do Oenach Atlántico
Oneach de Sedes

Logo da inauguración na tarde-noite de onte do programa coa recreación do renacemento do Lume Novo Solsticial e o concerto do grupo galego Leilía, o XVIII Oenach Atlántico de Sedes vivirá hoxe unha apretada axenda coas diferentes propostas a desenvolver no recinto feiral do Trece.
A campa castrexa, con postos artesanais, exhibicións de oficios tradicionais e realización de obradoiros de tecido ou cociña, entre outros, abrirá as súas portas desde as once da mañá, ao igual que a zona lúdica na que se ofrece a posibilidade aos visitantes, tanto pequenos como adultos, a gozar con diferentes xogos.
Ás 14.00 horas comezarán a servirse os menús elaborados na zona gastronómica, para xa ás 17.00 horas celebrarse unha representación de teatro familiar a cargo da compañía Ghazafelhos coa obra “Contos para ecagarriñarse”. Ás 18.00 será a quenda para os xogos populares e a mostra de loita galega e ás 19.00 para a actuación do grupo de Música e Danza Tradicional Alxibeira, do Padroado de Cultura.
Ás 22.30 horas, o Castro de Eiravedra converterase no escenario da representación da obra “O paxaron de Eiravedra”, a cargo da compañía de Teatro Comunitario de Sedes.
O concerto do grupo ferrolán de folk Böj, previsto para as 00.30 horas, pechará a xornada de hoxe. A actividade do Oenach continuará mañá durante todo o día, con novas propostas.

Sedes convértese nunha aldea castrexa da man do Oenach Atlántico

Te puede interesar