Os casos activos de Covid-19 soben nunha persoa e mantéñense cinco ingresados

Fotos Marcide
|

A epidemia de coronavirus na área sanitaria de Ferrol segue estable, compensando os novos contaxios que se producen coas altas que tamén se están a dar. Deste xeito, onte subiu o número de casos activos nunha persoa, sumando 182. De todas elas, 177 permanecen nos seus domicilios e cinco (as mesmas que o día anterior) están ingresadas no Arquitecto Marcide, cunha persoa na Unidade de Coidados Intensivos.

Nas cifras facilitadas onte polo Sergas aparecen 784 persoas que tiveron o virus, once máis que o día anterior. Tendo en conta que o número de casos activos non baixou, senón que incluso subiu, dedúcese que puideron detectarse doce positivos novos, aínda que este é un dato que o Sergas non facilita. Estaría entón esta cifra no entorno da media da última semana, que é de once casos diarios. O mesmo sucede coas altas, das que se están a dar dez diarias, de media, nos últimos sete días. Esta igualdade entre contaxios e altas é a que está mantendo os pacientes en cifras aínda por debaixo dos 200 casos.

En total, desde o inicio da pandemia, o pasado marzo, e tendo en conta tamén ás 33 persoas que faleceron na primeira vaga, o número total de afectados por Covid-19 en Ferrolterra está a piques de superar o milleiro, con 999

Incorporacións

O DOG publicou onte a adxudicación de prazas fixas logo da última oposición para celadores, enfermeiros e administrativos.

No primeiro caso, adxudicáronse 27 postos na área ferrolá, un deles a unha persoa con discapacidade. Teñen praza 49 enfermeiros e 19 administrativos. l

Os casos activos de Covid-19 soben nunha persoa e mantéñense cinco ingresados