A Xunta destina máis de 4,5 millóns de euros as federacións galegas

  A Xunta de Galicia destina máis de 4,5 millóns de euros á colaboración coas federacións deportivas ao longo do ano 2012. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asinou na cidade herculina os convenios de colaboración coas federacións que teñen sede na Coruña, Ferrol, Lugo e Santiago.

Deste xeito, o Goberno autonómico asina con cada unha das federacións deportivas existentes na Comunidade os distintos convenios, que contemplan o desenvolvemento das competicións, a participación das seleccións galegas nas diferentes competicións, o fomento do deporte feminino e da respectiva modalidade deportiva entre persoas con algunha discapacidade, tanto física como psíquica, o fomento do deporte base, a tecnificación (programas de adestramento e competición), a actividade deportiva en idade escolar e outros proxectos de especial relevancia no ámbito das distintas federacións deportivas.

Da mesma forma que o derradeiro ano, os convenios de colaboración da Xunta de Galicia coas federacións deportivas da nosa Comunidade tramitaranse con procedemento anticipado de gasto, o que posibilita asinar estes convenios xa no mes de xaneiro, e así un máis pronto cobro das axudas por parte de cada unha das entidades beneficiarias.

Esta medida de optimización na xestión dos orzamentos, pretende axudar a compensar o impacto da actual conxuntura económica nas entidades federativas e así poder garantir o normal desenvolvemento da actividade federativa para o ano 2012.

A Xunta destina máis de 4,5 millóns de euros as federacións galegas

Te puede interesar