Os Melidaos presentan no Toxos e Froles o seu primeiro disco con voces

Os Melidaos presentan no Toxos e Froles o seu primeiro disco con voces
Fotografía promocional do grupo tradicional Os Melidaos, que actuarán en Ferrol o sábado

O grupo de música tradicional Os Melidaos presentará este sábado no Toxos e Froles o seu segundo disco, “Axudádeme a cantar”, donde introducen as voces dos seus membros, acompañando ós intrumentos musicais tradicionais. O concerto de Ferrol será o primeiro que fagan fóra de Melide despois de presentar na súa casa este traballo, o pasado 30 de decembro.

Inauguran así o ciclo de concertos mensuais que organiza o coro

Esta actuación inaugura o ciclo Concertos no Toxos, unha proposta coa que o coro decano de Galicia quere propoñer actividades mensuais na súa sede. De feito, hai poucas semanas os cantareiros Maghúa presentaban o seu disco novo e tamén se celebrou o concurso de dúos de gaita e percusión para rapaces. A intención da directiva que encabeza Arturo Lamas é a de que distintos grupos vencellados coa música folk poidan dar a coñecer o seu traballo na cidade a través desta veterá entidade.

Os Melidaos gravaron o seu disco nos estudos Abrigueiro, en Friol. Inclúe catorce pezas, algunhas compostas por eles mesmos e outras tomadas do cancioneiro tradicional. Varias delas son cantadas, algo que non sucedía no seu primeiro álbum, “Que ben baila, que ben baila”. O grupo formouse no ano 2001 unindo músicos de diferentes xeracións.

 

Os Melidaos presentan no Toxos e Froles o seu primeiro disco con voces

Te puede interesar