“Ferrol Canta” volve ofrecer unha oportunidade ao novo talento local do mundo da canción

“Ferrol Canta” volve ofrecer unha oportunidade ao novo talento local do mundo da canción
Canta Ferrol

Tralo éxito da primeira edición o pasado ano, a Concellería de Xuventude volve poñer en marcha o concurso “Canta Ferrol” dirixido a rapaces de entre os 12 e os 18 anos que estuden en calquera colexio ou instituto da comarca de Ferrolterra.
Trátase dun certame para solistas, búscase a mellor voz individual, e os mozos e mozas interesados deben enviar antes do 27 de abril un vídeo ou un audio cantando ao seguinte correo: cantaferrol@gmail.com. Ademais deben incluír os seus datos persoais, data de nacemento, centro de estudos e un teléfono de contacto. A organización recomenda a elección dun tema coñecido, e canto máis popular mellor. Os cantantes seleccionados interpretarán a final como se fose nun karaoke, coa voz ao vivo e o son pregravado.

promoción
Desde a Concellería de Xuventude subirán os vídeos e interpretacións enviadas ás redes sociais (Facebook, Tuenti e Twitter) de “Canta Ferrol”. A partir do 28 de abril a organización chamará a todos os aspirantes e comunicará quen son os elixidos para participar na gran final.
Os seleccionados terán unha reunión na semana do 5 ao 11 de maio para aclarar dúbidas e traballar sobre a actuación no concurso. A data e lugar da final será o 17 de maio ás 18.00 horas na praza de Amboaxe, como o pasado ano, onde participarán 15 voces escollidas de todos os candidatos preseleccionados.
En canto ao xurado, este estará composto por tres artistas profesionais: Jaume (de “La Voz”), Jorge González (de “Operación Triunfo” e que xa estivo o pasado ano) e o dúo de xemelgas K-Narias, que tamén cantarán no espectáculo da praza de Amboaxe.
En canto ao premio, será un cheque en efectivo por valor de 300 euros e un curso de canto de tres meses de duración. Tamén haberá un premio á “voz máis especial”, outorgado polo Parque Ferrol por valor tamén de 300 euros pero para gastar nese área comercial.
Por outra banda, no instituto ou colexio do candidato gañador do concurso organizarase un concerto privado que correrá a cargo de Jaume, Jorge González ou ben K-Narias. 

“Ferrol Canta” volve ofrecer unha oportunidade ao novo talento local do mundo da canción

Te puede interesar