A Bandeira Verde ondea xa no Campus

A Bandeira Verde ondea xa no Campus
izado de bandera verde en la entrada principal del edificio de vicerrectoría del campus

O Campus de Ferrol loce desde onte a Bandeira Verde, distintivo co que a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac Fee) acredita a calidade medioambiental de organismos e institucións. A concesión foi posible logo do intenso e efectivo traballo desenvolvido polo Comité Ambiental do proxecto Green Campus Ferrol, coordinado pola profesora da Facultade de Enfermaría e Podoloxía, Carmen Coronado Carvajal.

Así o salientou onte, precisamente, a vicerreitora en funcións do Campus local, Araceli Torres, no acto de recepción e izado da bandeira celebrado onte, onde aproveitou para adiantar algunhas das accións que se desenvolverán nos vindeiros meses.-

Salientou así a creación dunha horta urbana no Campus de Serantes, a dun composteiro de residuos en Esteiro e a posta en marcha, unha vez acabada a correspondente financiación, dun proxecto de eficiencia enerxética na Escola Politécnica Superior e mais na Facultade de Humanidades e Documentación.

No acto participaron tamén o representante de Adeac Fee, Francisco García; a profesora Carmen Coronado; o director da Oficina de Medio Ambiente da UDC, Manuel Soto; así como representantes da Escola Politécnica Superior, da Escola Universitaria Politécnica, da de Deseño Industrial, Ciencias do Traballo, Enfermería e Podoloxía e Humanidades e Documentación.

Medidas
Entre as medidas implementadas no Campus de Ferrol no marco do Green Campus a longo dos dous últimos cursos, incluíronse medidas relacionadas co aforro de auga, luz, calefacción e de papel así como na xestión de residuos e na mobilidade sustentable.

Adeac Fee, que tamén neste curso fixo entrega da Bandeira Verde á Facultade de Fisioterapia da UDC, decidiu tamén renovarlle este elemento de acreditación medioambiental a outros centros do campus da Coruña.

A Bandeira Verde ondea xa no Campus

Te puede interesar