Uns 350 deportistas asisten ao XVII Trofeo de Baile Cidade de Narón

Uns 350 deportistas asisten ao XVII Trofeo de Baile Cidade de Narón
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-9cbcdfc1

O Pavillón polideportivo de A Gándara, en Narón, acollerá esta fin de semana, mañá e domingo, a décimo oitava edición do Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Narón, a Copa Promoción Zona Norte e o Campionato Galego de Latinos. 
Uns 350 deportistas chegados de diferentes clubs de toda Galicia –no caso da Copa Promoción Zona Norte tamén doutras Comunidades– confirmaron a súa asistencia a esta convocatoria, presentada onte mesmo pola alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, o concelleiro de Deportes, Román Romero, e Sandra García, en representación do Club Baile Deportivo Narón. As entradas para o evento poden recollerse na entrada do pavillón polideportivo da Gándara.
No XVIII Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Narón disputaranse catro disciplinas: Danza Coreográfica, Bailes Caribeños, Standard e Latino. Na primera xornada, a de mañá sábado, entre as 17.45 e as 19.45 horas será o turno das modalidades de Danza Coreográfica e Bailes Caribeños, tal e como explicou Sandra García. Así mesmo, a representante do Club Baile Deportivo Narón avanzou que na xornada do domingo a competición desenvolverase durante todo o día. Entre as 10.30 e as 11.39 horas será o turno das disciplinas Standard e Copa Promoción Standard; entre as 11.59 e as 14.23 o de Latino e Copa Promoción Latino; de 15.08 a 19.08 celebrarase o Campionato Galego de Latinos e, entre as 19.23 e as 20.40, será o turno de Latinos nas categorías C, B e A.
Un total de sete xuíces, dous internacionais e cinco nacionais, encargaranse de valorar aos participantes nas diferentes disciplinas, de cara a determinar as clasificacións finais en cada unha delas.
García agradeceu durante a presentación do campionato a colaboración do Concello de Narón para poder desenvolver un ano máis este evento deportivo, que reúne cada edición a profesionais e aficionados ao baile deportivo chegados desde diferentes puntos da xeografía. Pola súa banda, o edil de Deportes destacou a elevada participación, con máis de cen parellas e 350 deportistas, neste trofeo.
Mini market 
Pola súa banda, a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, destacou o traballo que realiza o Club de Baile Deportivo Narón na cidade, con recoñecementos a nivel autonómico e nacional, sendo o que conta con maior número de licencias de España. 
Así mesmo, a rexedora animou á veciñanza de Narón e doutros concellos da zona a achegarse esta fin de semana ao pavillón polideportivo da Gándara para poder gozar deste evento deportivo que conta con gran número de siareiros na bisbarra.
Por outra banda, esta tarde, ás 18.00 horas, o pavillón das Lagoas acollerá o VI Minimarket “Ferrolterra Emprende Xove”, no que tomarán parte 14 centros educativos da contorna, entre eles, o Ies Terra de Trasancos e o Jorge Juan de Narón. Repartiranse 1.500 euros en premios.

Uns 350 deportistas asisten ao XVII Trofeo de Baile Cidade de Narón

Te puede interesar