Preséntase en Humanidades o Premio de Investigación de Pontedeume

Preséntase en Humanidades o Premio de Investigación de Pontedeume
Diario de Ferrol-2014-03-26-015-fa95e0d8

 Ás 13.00 horas a Facultade de Humanidades de Ferrol acolle a presentación da XVII edición do Premio de Investigación “Concello de Pontedeume”, un certame centrado en aspectos etnográficos da vila e comarca eumesa. O premio está dotado con 1.140  euros (coas correspondentes retencións) e a lingua do mesmo será a galega. 
Poderá optarse ao premio de forma individual ou colectiva. Os traballos serán inéditos e que non teñan obtido ningún premio anteriormente. Entregaranse orixinais e catro copias en tamaño folio, mecanografados a dobre espacio e por unha soa cara, cunha extensión dun mínimo de 50 folios e un máximo de 100, incluídos os documentos gráficos, fotográficos e outros elementos que os ilustren. As obras poderán presentarse directamente ou ben ser remitidas por correo certificado ao Rexistro Xeral da Secretaría da Casa do Concello de Pontedeume. 
O prazo de presentación remata o 20 de xuño de 2014, mentres que a resolución final do xurado darase a coñecer o 29 de setembro. 
O traballo premiado, así como os que o xurado considere de interese, serán publicados na revista de investigación local “Cátedra”. n

Preséntase en Humanidades o Premio de Investigación de Pontedeume

Te puede interesar