Redúcense en tres os docentes no Concepción Arenal e Sofía Casanova

A CIG criticou que o comezo do curso en Secundaria, que terá lugar a semana que vén, afonda no camiño dos cursos anteriores de redución de persoal docente pola vía da amortización de prazas por xubilacións, principalmente. Como se lembrará, a lexislación vixente fixa nun 10% a taxa de reposición nos empregados públicos do eido da educación, co que só se cobre unha de cada dez xubilacións.
Así, Tona Martínez asegurou que tanto o IES Concepción Arenal como o Sofía Casanova verán reducido o seu clautro en tres mestres cada un, unha situación que tamén se dá, aínda que en menor medida, no IES Terra de Trasancos –entre un e dous–, no Punta Candieira –dous–, o CPI de Ares –dous e medio–, Breamo –dous–, CPI Monte Caxado –outros dous–.
Ademais, o sindicato nacionalista denuncia que ao instituto pontés de Castro da Uz concedéuselle a Formación Profesional Básica “sen profesorado ningún”, co que non podería asumila.  n redacción

Redúcense en tres os docentes no Concepción Arenal e Sofía Casanova

Te puede interesar