lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Jesús Vázquez: “O CIFP Ferrolterra incrementou a súa oferta nun 62,5% nos últimos catro anos”

Xesus Vázquez visita el CIFP Ferrolterra

Hai catro anos, o Ferrolterra deixaba de funcionar como IES (Instituto de Educación Secundaria) para reconvertirse en Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP). Neste periodo de tempo, e como consecuencia da reforma acometida pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a oferta de ciclos formativos pasou de 16 aos 26 actuais, o que supón un incremento do 62,5%.
De salientar este dato encargouse onte o titular do devandido departamento autonómico, Jesús Vázquez, no decurso da súa visita a un centro educativo que conta con preto de mil alumnos matriculados. “Desde a súa conversión, neste centro lévanse feito investimentos que superan os 110.000 euros”, engadiu o conselleiro.
Entre eles inclúese a creación, o pasado curso académico, dun viveiro de empresas encamiñado a facilitar o emprendemento. “Actualmente temos unha rede de 17 viveiros noutros tantos centros educativos da comunidade. O noso obxectivo é ir incrementando o número, ben en colaboración con outras institucións ou con fondos da propia Consellería, este tipo de espazos para incentivar o autoemprego”, manifestou. O do CEIP Ferrolterra, con capacidade para dous proxectos empresariais, conta na actualidade cun usuario.

iniciativa
Desde o pasado mes de abril, o espazo é a sede da empresa posta en marcha por Jonathan Sanjurjo García, un mozo de 24 anos adicado á montaxe e instalación de carpintaría. Tras rematar en 2011 o ciclo medio de Madeira e Moble e logo de varias experiencias no eido laboral, o pasado ano decidiuse a probar sorte creando a súa propia empresa. Botou man do viveiro, o que lle serviu, di, de gran axuda. “Estoy contento y la verdad es que estar aquí me facilita mucho las cosas”, comentaba onte.
E é que o servizo non só ofrece un espazo físico para poder montar a oficina –dispón de conexión telefónica e internet– senón tamén información e asesoramento para todas aquelas persoas interesadas en crear o seu propio negocio e que cumpran os requisitos para poder acceder ás instalacións.
Esta é unha das tarefas que ten encomendadas o coordinador do espazo, o profesor Emilio Silva, que se amosa cauto á hora de facer un balance deste case primeiro ano de vida da iniciativa: “Haberá que valoralo a máis longo prazo”, di. O conselleiro, pola sú banda, expresou o seu desexo de que se vaian incorporando novos proxectos empresariais.
Xunto ao Ferrolterra, tamén o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro e o IES de Fene, no caso da comarca,  contan na actualidade con este tipo de instalacións.
Na visita de onte, Xesús Vázquez estivo acompañado, entre outros, pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén Docampo; o xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana; o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela; a concelleira de Educación, Susana Martínez Galdós; e persoal do propio Ferrolterra, encabezado polo seu director, Enrique Pazo.

Jesús Vázquez: “O CIFP Ferrolterra incrementou a súa oferta nun 62,5% nos últimos catro anos”

Te puede interesar