Davide Salvado presenta no Torrente o seu disco “O ladrón de amorodos”

Davide Salvado presenta no Torrente o seu disco “O ladrón de amorodos”
toxos e froles concerto de Davide Salvado

A capela do Torrente Ballester recibe hoxe a Davide Salvado, que presentará o seu disco máis recente, “O ladrón de amorodos”, nun concerto que comezará ás nove da noite (entradas a cinco euros) e que se inclúe dentro da programa do ciclo Noites na Capela. Davide Salvado estará acompañado polo acordeonista Santi Cribeiro (Berrogüetto) e polo percusionista e gaiteiro Cristian Silva. Con eles dará vida a un espectáculo no que a voz e as percusións tradicionais teñen un gran protagonismo.
Salvado ten unha fonda formación autodidacta na música tradicional, sobre o que innova para facer traballos como “Árnica”, o seu primeiro disco, publicado en 2011. Antes xa formara parte da Ecléctica Ensemble, fundada no Conservatorio Folque, xirou con Xosé Manuel Budiño e colaborou con diversos artistas. É a voz da banda da Casa das Crechas e con Pepa Yáñez fai Cabaret d'Aquí.

Davide Salvado presenta no Torrente o seu disco “O ladrón de amorodos”

Te puede interesar