TEGA aposta pola continuidade dun proxecto para Narón que principiou “hai 32 anos”

TEGA aposta pola continuidade  dun proxecto para Narón que principiou “hai 32 anos”
Comida de Terra Galega no Muiño de Pedroso

Con tempo abondo por diante para dar a coñecer as caras novas da lista electoral, Terra Galega de Narón volveu facer onte unha demostración de músculo “social” na tradicional Festa do Río que cada ano nesta altura celebra nas proximidades do muíño de Pedroso.
Máis de 700 persoas acudiron a unha celebración que, segundo explicou onte o alcalde naronés, Xosé Manuel Blanco, supón o pistoletazo de saída da precampaña das elección municipais que se celebrarán no vindeiro mes de maio. Como xa adiantara días atrás, o rexedor, o primeiro dos grupos políticos do concello que anunciou que concorrerá á reelección, foi presentando un a un e por orde alfabética vinte e catro membros dunha lista de vinte e cinco personas na que repiten os oito primeiros nomes da candidatura do ano 2011: o propio Blanco, Sánchez Fojo, Carmen Espada, Manuel Ramos, Natalia Hermida, Ángel Castro, Pablo Mautirz e Mar Gómez.
Completan a relación Sese Beceiro, Beatriz Couce, María Díaz, Marián Ferreiro, José Manuel Gómez, Bruno González, José Carlos López, Honorio Martínez, Roberto Naveiras, Marta Otero, Dani Rico, Belén Rodríguez, Román Romero, Ibán Santalla, Mercedes Taibo e Carolina Velo. A orde na que figurarán na lista electoral non se coñecerá até o vindeiro mes de marzo.
No seu discurso, o alcalde defendeu o seu proxecto dicindo que “fomos os que iniciamos o novo Narón, somos o presente e queremos ser o futuro, sen saltos”. Destacou Blanco que “levamos 32 anos sendo a lista maioritaria e queremos seguir contando coa confianza dos veciños deste concello”.
A respecto da posibilidade de chegar a acordos previos con outras formacións, Blanco sinalou que “non nos pechamos ningunha porta e estamos dispostos a que outras forzas se unan a nós, mais sempre que esas propostas estean baseadas no proxecto que TEGA ten para Narón”. n

TEGA aposta pola continuidade dun proxecto para Narón que principiou “hai 32 anos”

Te puede interesar