Ferrol lembra en Canido a Antón Varela

Ferrol lembra en Canido a Antón Varela
Familiares, amigos, veciños e representantes políticos e de entidades sociais e culturais arrouparon o acto | daniel alexandre

O Concello de Ferrol rendeu onte unha sentida homenaxe a Antón Varela, gaiteiro, compositor e luthier natural do barrio de Canido falecido o pasado 25 de xullo. O acto, presidido polo alcalde Ferrolán e que reuniu a familiares e amigos deste recoñecido artesán, músico e referente da cultura tradicional, incluíu o descubrimento da placa que desde onte dá o seu nome ao parque situado na parte traseira do IES de Canido.
Un barrio co que sempre se sentiu comprometido e no que onte, como non podía ser doutro xeito, sonou a música das gaitas da man do grupo Raparigos, do que Varela formou parte, como tamén o fixo noutras formacións como Follas Novas, Os Cempés ou Berros de Castro. Unha ofrenda floral e o recordo da figura do homenaxeado complementaro o sentido e emotivo acto. l

Ferrol lembra en Canido a Antón Varela

Te puede interesar