Un novo premio para Javier Gutiérrez cunha homenaxe na XII edición do Festival de Cans

Un novo premio para Javier Gutiérrez cunha homenaxe na XII edición do Festival de Cans
26 julio 2010 página 48 Islantilla (Huelva), 25/07/2010.- El actor Javier Gutiérrez, uno de los protagonistas de la serie de TVE 'Águilar Roja', ha defendido hoy la importancia de los cortometrajes en el cine actual, al entender que s

O actor ferrolán Javier Gutiérrez (“La isla mínima”, “Águila Roja”) vai nos últimos tempos a premio por semana. O último vén da man da asociación Arela, que organiza cada ano o Festival de Cans e decidiu homenaxear co seu premio “Pedigree” a Gutiérrez en “recoñecemento á súa traxectoria e tamén á súa constante capacidade de traballo”. Ademais, outorgoulle os galardóns Pepe Puime, antigos Chimpíns de Prata, ao director Alfonso Zarauza pola “gratitude e lealdade que o cineasta lle amosa ano tras ano ao festival”, e mais ao carpinteiro e veciño de Cans Juan Maceira como un agradecemento á súa implicación continua na organización do evento.
A XII edición do festival, que se celebrará entre o 20 e o 23 de maio, recibiu un total de 184 producións que aspiran a participar. A cifra, que continúa a tendencia ascendente do festival, repártese entre 89 curtas de ficción, 7 de animación, 63 videoclips e 26 doutros xéneros.

Un novo premio para Javier Gutiérrez cunha homenaxe na XII edición do Festival de Cans

Te puede interesar