O IES Luís Seoane leva para o Lérez o primeiro premio do Club de Debate

O IES Luís Seoane leva para o Lérez o primeiro premio do Club de Debate
jofre club de debate

O IES Luís Seoane de Pontevedra gañou onte a terceira edición do Club de Debate cuxa final se desenvolveu durante toda a xornada no teatro Jofre. Fíxoo tras impoñerse por unha escasa marxe ao que nese intre era o vixente campión, o instituto ferrolán Saturnino Montojo, e aos outros seis centros participantes, o IES Plurilingüe de Ames, o Parga Pondal de Carballo, o Leixa de Ferrol, o Nº 1 e o Chamoso Lamas do Carballiño e A Xunqueira, tamén de Pontevedra.
O gañador consegue así unha viaxe dunha fin de semana para vinte persoas por Galicia e norte de Portugal.
Se na fase comarcal desta edición do concurso escolar se abordou o tema da corrupción, o debate final xirou arredor da frase “Pódese vivir en galego”. Nel, os oito equipos participantes tiveron que se enfrontar entre si defendendo, segundo determinou o sorteo, os argumentos a favor ou en contra.
O Club do Debate diríxese a un dos sectores estratéxicos no proceso de normalización da lingua galega, a mocidade, co obxectivo último de impulsar o seu uso activando o uso oral do idioma propio en contextos formais –os debates– e infromais –a convivencia entre os participantes durante o desenvolvemento da actividade–.
Nas fases comarcais desta terceira edición participaron 21 equipos –catro deles de Ferrol– de dezaseis centros de ensino. En total, 180 alumnos e os profesores que lles axudaron a preparar as intervencións.

O IES Luís Seoane leva para o Lérez o primeiro premio do Club de Debate

Te puede interesar