A Xunta distribuirá a unidade didáctica sobre Concepción Arenal en máis de 1.500 centros

Primeiro foi a película – “A visitadora de cárceres”– e agora, unha unidade didáctica. A figura e o legado cultural da ferrolá Concepción Arenal (1820-1893), figura clave para a emancipación feminina do século XIX, estará presente nas aulas galegas da man do traballo que onte foi presentado na cidade naval e, máis concretamente, no instituto que leva o seu nome.
O traballo, dirixido a alumnado de Bacharelato, será distribuido en máis de 1.500 centros galegos. Elaborada pola profesora de Filosofía África B. López Souto –docente nun instituto herculino–, a unidade didáctica enmárcase no proxecto “Donas de si” lanzado pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia –a través da Secretaría Xeral de Igualdade e coa colaboración da Televisión de Galicia– que ten por obxectivo a visibilización e posta en valor das contribucións feitas por mulleres ao desenvolvemento da sociedade galega.
Emilia Pardo Bazán inaugurou unha serie que continuará coa autora Rosalía de Castro, na que xa se está a traballar.
O salón de actos do IES Concepción Arenal acolleu onte pola mañá a presentación da nova unidade didáctica, que leva por título “Concepción Arenal. Unha voz rompedora”. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu un acto no que estivo acompañado pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, a directora de Televisión de Galicia, Rosa Vilas; o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela; e a produtora executiva do filme “A visitadora de Cárceres”, a ferrolá Zaza Ceballos.

ferramenta
Todos eles apuntaron ao novo manual educativo como unha excelente ferramenta para achegar e difundir entre os escolares o relevante papel que Concepción Arenal xogou na loita pola igualdade entre mulleres e homes nun momento no que a sociedade parecía estar só do lado do xénero masculino.
A que foi a primeira muller visitadora de cárceres en España chegou a vestirse de home para poder ir á universidade ou participar en tertulias literarias, tal e como onte lembrou Susana López, algo impensable nos tempos actuais pero que si sucedía  entón. E aínda que en cuestión de xénero algo se avanzou, Rueda recoñecía onte que “aínda queda moito por andar e por facer”. Rosa Vilas, pola súa banda, comprometeu o apoio da TVG con un proxecto que continuará a colocar no lugar que se merecen a moitas mulleres cuxas achegas foron de gran relevancia para o propio país. Tamén o alcalde ferrolán salientou o papel de Concepción Arenal na súa loita por conquerir unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Ao acto de presentación de onte acudiu tamén a actriz ferrolá Mabel Rivera, quen interpreta a Juana de Vega na película que sobre Concepción Arenal dirixiu Laura Mañá. O equipo directivo do centro, así como profesorado e alumnos do mesmo tomaron parte na sesión.  n

A Xunta distribuirá a unidade didáctica sobre Concepción Arenal en máis de 1.500 centros

Te puede interesar