A cantautora Silvia Penide presenta no Centro Torrente Ballester o seu último disco, “Animal de compañía”

A cantautora Silvia Penide presenta no Centro Torrente Ballester o seu último disco, “Animal de compañía”
Diario de Ferrol-2013-10-10-012-9e1be372

A cantante e compositora coruñesa Silvia Penide protagoniza ás 21.00 horas no Centro Torrente Ballester un novo concerto do ciclo “Noites na Capela”. A creadora presentará o seu quinto traballo, “Animal de Compañía”, gravado e producido por Arturo Vaquero (gañador dun premio Goya pola banda sonora da película “Agallas”) acompañada dos catro compoñentes da súa actual banda, Los Animales: Fernando Lamas (batería), Serxio Moreira (teclados e iPad), Rubén Barros (guitarra) e Fran Castro (piano). O prezo da entrada esta noite é de 4 euros.
“Animal de compañía” é o resultado dunha carreira musical de doce anos á que Silvia Penide considera o seu animal de compaña “ao que teño que coidar porque é a miña responsabilidade, e porque é o que me da tantas satisfaccións”, manifesta.

A cantautora Silvia Penide presenta no Centro Torrente Ballester o seu último disco, “Animal de compañía”

Te puede interesar