A UDC presenta unha oferta de emprego pública de profesorado de 84 prazas

A UDC presenta unha oferta de emprego pública de profesorado de 84 prazas
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-2f5983f6

O Consello de Goberno da Universidade da Coruña aprobou onte a Oferta de Emprego Pública para este ano, que suma un total de 84 prazas de profesorado, das que 22 son de Contratado Doutor; 42 de Titular de Universidade e 20 de Catedrático de Universidade. “É unha oferta importante porque vai permitir a promoción dunha plantilla xa acreditada que leva anos esperando esa posibilidade”, comentou o vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente, Alberto Valderruten, ao remate da sesión. Explicou ademais que os procesos de contratación e promoción de profesorado foron limitados pola taxa de reposición e o tope da masa salarial que non se pode superar. 

Para o reitor, Julio Abalde, esta oferta “é unha boa nova para o profesorado e para toda a Universidade da Coruña no seu conxunto”. Salientou ademais que as 22 prazas de contratado doutor permitirán estabilizar aos axudantes doutores que rematen o seu contrato en 2019 e comezo de 2020.

A UDC presenta unha oferta de emprego pública de profesorado de 84 prazas

Te puede interesar