Máis de vinte obras escolares e profesionais forman parte do programa “Teatro con G”

Máis de vinte obras escolares e profesionais forman parte do programa “Teatro con G”
Unha anterior iniciativa da coordinadora, no teatro Jofre | jorge meis

Moi intenso se está a presentar este mes de maio para a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, impulsora desde hai máis de dúas décadas –coa colaboración do Concello de Ferrol– de diferentes iniciativas encamiñadas a fomentar o emprego da lingua galega entre os rapaces e a mocidade en contextos naturais e a través de actividades que lles resulten atractivas.

Logo da celebración a pasada semana da concurrida festa dos Maios –que reuniu na Praza de España a preto de 2.000 rapaces de catorce centros educativos da cidade e comarca– e da entrega de premios e inauguración de exposición do Certame de Poesía e Imaxe, que un ano máis foi moi secundada polos colexios, a partir de esta semana o protagonismo será para as artes escénicas.

Protagonistas
O ciclo “Teatro con G” iniciará unha nova edición coa participación, como é habitual, de grupos escolares e tamén profesionais. A cargo dun destes últimos, concretamente de Caramuxo Teatro, inaugurarase mañá pola mañá, no Teatro Jofre, o devandito ciclo. En dúas sesións –10.00 e 12.00 horas– dirixidas a alumnado de Infantil e Primaria representarán a obra “As Fabas Máxicas”.

O mércores seguiralle Teatro dos Ghazafelhos, coa súa peza “Rubicundo”, para escolares de Primaria. Este mesmo grupo voltará a actuar o 22 de maio, no CEE Terra de Ferrol, para achegar a súa montaxe “Iriña Bailarina”. O 16 de maio, Quinquilláns Teatro poñerá en escena “Cousas” nunha función dirixida a estudantes de Secundaria, Bacharelato e ciclos formativos.

A gran parte do programa, porén, terán como protagonistas a formacións teatrais xurdidas nas aulas dun total de once centros educativos de Ferrol e comarca, que representarán dezanove representacións.

Colexios como o Tirso de Molina, Atios, Esteiro, Ludy, Cruceiro de Canido, Casais, Manuel Masdías, Isaac Peral e os institutos Terra de Trasancos, Carballo Calero e Concepción Arenal amosarán así o seu traballo ante compañeiros doutros centros.

“As formigas viaxeiras”, “a manta”, “Serafín Malacueco na corte do Rei Escama”, “No corazón do bosque”, “Berenguela” ou “O circo dos desastres” son algúns dos títulos das obras que se irán sucedendo sobre as táboas do Jofre entre o mes actual e o vindeiro xuño, tal e como se informou.

Máis de vinte obras escolares e profesionais forman parte do programa “Teatro con G”

Te puede interesar