O BNG fenés lembra á figura de Pancho Allegue no décimo aniversario do seu pasamento

O BNG fenés lembra á figura de Pancho Allegue no décimo aniversario do seu pasamento
Parque Castelao Fene Homenaje a Pancho Allegue

A súa loita sindical no sector naval, a súa aposta pola creación e desenvolvemento das escolas obradoiros e talleres ocupacionais no municipio –pioneiros no seu momento–, as súas ideas nacionalistas e o seu xeito de facer política, “de achegamento e contacto co pobo”. Estas e outras cualidades definían a Pancho Allegue, quen durante 18 anos fora concelleiro do goberno nacionalista de Fene presidido por Xosé María Rivera Arnoso.
Onte, o actual rexedor fenés, tamén nacionalista, Juventino Trigo, lembrou a figura e ás achegas dun compañeiro de cuxo pasamento cúmprense dez anos. Fíxoo no decurso da ofrenda floral celebrada onte pola mañá no Parque Castelao, ao pé do monolito adicado á memoria de Allegue. “Para nós, é un dos referentes do BNG”, apuntaba onte Trigo. 
El foi o encargado de pechar un emotivo acto no que estiveron presentes membros do BNG, como a eurodiputada Ana Miranda, e a voceira local da formación, Sandra Permuy, ademais de familiares de Allegue e representantes das asociacións do municipio.
Pancho Allegue finou o 4 de setembro de 2005, de xeito repentino, por mor dunha parada cardiaca. Tiña 46 anos. Onte, preto dun cento de persoas reuníronse para lembrar a súa figura nun acto no que, nesta ocasión, o Concello de Fene, con rexedor nacionalista, participou de xeito institucional.

O BNG fenés lembra á figura de Pancho Allegue no décimo aniversario do seu pasamento

Te puede interesar